Page:Romania - 1873.djvu/272

Cette page n’a pas encore été corrigée

260 MÉLANGES
NADAL.

Esta noite de Nadal,
Per ser noite d’alegria,
Camiñando vay Xosé
Amais a virxen Maria.
Camiñan para Belem
Para xegaren con dia.
Quando a Belem xegaron
Toda a xente dormia ;
Arrimaron-se a unha peña
O pé d’unha fonte fria.
San Xosé foi buscar lumbre,
Até lumbre non tragia :
Bagaron anxos del cielo
Que rico lumbre tragiam.
. . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . .
— Abre las portas, portero,
A Xosé e a Maria.
— Estas portas son de ferro,
Non s’abren até el dia.
. . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . .
San Xosé le perguntaba :
— Que tal està la parida ?
— La parida està buena,
En su cama recogida.
. . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . .

A MORTE DE XESUS.

Juebes santo, juebes santo,
Tres dias antes de Pascoa,
Quando o Redemptor do mundo
Por seus dicipulos xamaba ;
Xamaba por un e un,
Dous e dous se lle xuntaba.
Depois que os tina xuntos,
D’esta maneira fallaba :
« Qual de vos, dicipulos mios,
Quer morir por mi mañana ? »
Miran unos para otros,
Niun lle voltou palabra
Senon San Xuan Bautista,
Padricador da montaña.
A roda da meia noite
Xesus Christo camiñaba ;
Levaba unha cruz a cuestas
De madeira mui pesada ;
C’uma corda a garganta
D’onde ll’os xudeus puxaban :
Cada puxori que lle daban
Xesus Christo arrodillaba.
Xegou ao Monte Calvario ;
Tres Marias a xorar :
Unha era Madalena,
Otra era sua irmana,
Otra era virxen pura,
Que mais pasion le daba ;
Unha limpaball’os pés,
Otra limpaball’a cara,
Otra recogia o sangre
Que Xesus Christo derrama.
O sangre que lle cala
Cala en cal sagrado ;
O home que o bebese
Sera ben aventurado :
N’este mundo será rei,
No otro santo coronado.

Quen esta oracion disera
Todos os vernes do anno
Gañaba un canto no cielo.
Quen a sabe non a di ;
Quen a oye no a deprende.
Dia do noso xuizo
Beras que conto nos ten.

Porto, janvier 1873. F. A. Coelho.